top of page

IDADE MODERNA

Benvidos a bordo navegantes!! Comezamos unha nova etapa na nosa viaxe polo tempo. Adentrámonos nas exploracións, conquistas, descubrimentos e avances científicos.

Centos de aventuras vos esperan acompañando aos máis intrépidos descubridores. 

Boa sorte, e que os ventos vos sexan propicios!

 

         

           1ª Tarefa: Embarcamos!

 

Cinco naves a punto de zarpar:

 

 

 

 

 

A súa tripulación a piques de embarcar:

Que papel protagonizou a vosa nave nesta aventura?

.

 

 

 Victoria                   La Trinidad

La Pinta    La Niña   La Santa María

PLANEAMOS A NOSA VIAXE

Antes de empezar a nosa viaxe será preciso saber de onde vimos e cara a onde nos diriximos...

Para iso será preciso que investigues e vos documentes sobre esta época tan asombrosa...

Cando remate a túa investigación deberás ser quen de dar resposta aos seguintes enigmas:

Cando empezou a Idade Moderna?

Que tempo histórico está antes?

Que tempo histórico está despois?

Lembra que na biblioteca Espiñeiriña apartou para nós libros desta época en concreto,que tamén podedes consutar en internet e, na sección de RECURSOS desta páxina, tamén poderás atopar documentos e vídeos que vos poderán axudar.

Moita sorte exploradores/as!!

 

3ª Tarefa:Colón vai de excursión

 

Atréveste a facer unha travesía con rumbo descoñecido, sen mapas de navegación, sen gps, sen Tontón?

Semella complicado non si?

Pois haii xa máis de 500 anos,uns mariñeiros intrépidos emprenderon unha aventura expléndida! Con apenas un astrolabio, tres barcos, un compás e 90 homes Cristobal Colón iniciou unha viaxe da que todavía se fala hoxe en día...

investiga sobre esta fazaña e serás ti tamén un bo explorador!!

Lembra que na páxina de recursos e na biblioteca temos información que che pode axudar. Terás que investigar e documentarte sobre as causas, a viaxe e as consecuencias do descubrimento de América. 

Que as estrelas e o compás te leven á gloria e a fortuna mariñeiro!

 

Espiñeiriña ofrécenos a súa axuda!

Unha mañá recibimos unha misteriosa carta. Era de Espiñeiriña, que grazas á máquina do tempo prometía axudarnos a investigar.

Espiñeiriña proponnos un xogo de pistas... Foi moi divertido, e aprendemos moitísimo.

Se queredes volver a ler as pistas na sección de recursos atoparédelas e poderedes descargalas... Mesmo podedes poñer a proba aos vosos amigos!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O noso tesouro: O diario de Espiñeiriña a bordo da nao Santa María.

 

Clica na portada do libro para poder leo on line.Non esquezades que o orixinal está no corredor do proxecto.

 

 

 

      CLICA          AQUÍ

Tarefa: Receita americana.

Esta nova tarefa promete ser saborosa.... Antes de empezar terás que investigar e documentarte sobre os alimentos que viñeron de América.

Primeiro deberás descargar e cubrir a ficha dos alimentos e despois elaborar dúas receitas: un primeiro prato e unha sobremesa.

De entre todas as receitas escolleremos as máis saborosas e  farémolas na clase.

Boa sorte chef!!

EXPERIMENTAMOS

Realizamos unha saída para visitar o castelo de Vilasobroso, si ben, a historia deste castelo é anterior á Idade Moderna, serviunos para experimentar como sería vivir nun sitio coma este. Durante a investigación previa, descubrimos que os reis Católicos ordenaron a súa destrucción pero que esta non se levou a cabo.Pasámolo moi ben e atopamos moitísimas marcas de cantería... Aí vai o vídeo da nosa viaxe!!

 

Tarefa: Demostramos o que investigamos. 

Chegou a hora navegantes! É a hora de demostrar o que xa tedes investigado e documentado, teredes que colocar no mural do corredor o resultado do voso traballo. Deberedes ter claro as causas do descubrimento, a historia do descubrimento e as consecuencias do descubrimento tanto as europeas como as americanas.

Non deberedes esquecervos de pintar a ruta da primeira viaxe de Colón no mapa das exploracións.

Boa sorte, e que os ventos vos sexan propicios.

Unha das consecuencias do descubrimento de América foi o intercambio de animais que se levou a cabo entre os dous continentes. Deberás investigar e documentarte sobre este asunto. Co resultado das túas investigacións faremos un encrucillado para colocar no mural do corredor.

Na sección de recursos atoparás axuda para as túas investigacións.

Tarefa: Os animais do novo mundo.

Experimentamos: Como se vestían na idade moderna.

Durante un día todo o cole viaxou no tempo...Damas engalanadas e Navegantes con astrolabios recorreron as rúas da nosa vila... calzas, gorros, vestidos e diademas. Foi un día estupendo no que tamén aproveitamos para cantar a nosa letrilla de entroido pedindo melloras para o noso colexio.

Tarefa: No meu reino xa non se pon o sol

Lembra a última pista de Espiñeiriña e investiga.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Terás que indagar nos acontecenmentos ocurridos á morte dos Reis Católicos, afondar na trama da vida dos seus herdeiros, príncipes de Flandes ambiciosos, raíñas locamente namoradas, comuneiros revolucionados loitando pola xustiza e un emperador que non entende o idoma de Castela.

Moita sorte investigador, co resultado das túas investigacións deberás ser quen de facer un informe que despois empregaremos para redactar noticia do segundo telexornal. Será de axuda a cartografía para entender as palabras do emperador... No meu reino xa non se pon o sol.

Na sección de recursos atoparás axuda para desempeñar a túa misión.

 

Si clicas na icona poderás  volver a escoitar o informe realizado. 

Eppur si muove : E sen embargo móvese.

Deberás investigar e documentarte sobre o personaxe que dixo estas palabras e por qué as dixo.

Pista: Era de Pisa, Italia, e naceu no ano 1564.

Na páxina de recursos atoparás documentos para consultar. 

Deberás descargar a ficha que atoparás nesta entrada e completala cos resultados das túas investigacións. Boa sorte.

Que  presonaxe che gustaría ser?

 

Ata o de agora estivemos investigando sobre reis, raíñas, comuneiros, exploradores... Pero na idade moderna tamén había médicos, artesáns, duques, duquesas, clérigos, bispos, panadeiros, cesteiros, orfebres...

Tócache agora investigar sobre eles, sobre os seus dereitos e deberes, sobre os seus privilexios... ou a falta deles.

Cando remates a túa investigación deberás ser quen de facer un informe que deberedes colgar nesta páxina e tamén un pequeno traballo plástico para colocar no mural do corredor.

No apartado de recursos atoparedes información que vos axudará a documentarvos.

 

clica aquí 

Idade Moderna, unha sociedade , un conto.

 

O noso estudo sobre a socidade na Idade Moderna, unido a nosa imaxinación, sacou como resultado un pequeno conto. Aquí o temos, esperamos que vos guste...

CLICA NA IMAXE PARA LER O CONTO

Documentámonos: Benvido a bordo Capitán

Recimos a visita de Andrés Blanco Pousa, o pai de Iago, alumno de terceiro. Andrés, foi presentado polo seu fillo, como un traballador do mar de altura, capitán dun barco de pesca, e chegou a nosa aula cargado con diverso material: un sextante, un mapa de navegación e a súa sabedoría.

Explicounos que para orientarse no mar eran preciso dous puntos de referencia, falounos da lonxitude e a latitude, dos medios de navegación modernos e antigos.

Foi unha conferencia moi interesante!! 

Experimentamos: Os cultivos americanos chegan a Espiñeira!!

Despois dunha longa documentación e investigación, chegou a hora de experimentar! As sementes escollidas para completar o noso traballo foron: patacas, tomates, pementos,xudías...  e probamos tamén a facer unha pequena plantación de sementes de xirasoles na aula. Primeiro tivemos que ler e interpretar as instruccións, e despois, cada grupo fixo a súa plantación. Os resultados falan por si sos: é posible plantar as sementes americanas e solo europeo. Estamos impacientes porque chegue o momento da colleita!!

 

 

 

 

 Experimentamos :Tomamos medidas!

Unha nova misión! queremos cerrar cunha cinta a nosa plantación de patacas, precisamos saber cantos metros de cinta imos precisar. Non esquezades que debemos ter por donde entrar para poder facer a colleita, polo tanto deberedes deixar unha porta de 2m. Boa sorte!! Descargade a ficha de recollida de datos. E non esquezades facer de forma indiviual o informe da actividade no voso caderno.

Experimentamos: A nosa plantación na aula.

A nosa plantación na horta é todo un éxito.. pero as sementes que viñeron de América serán quen denacer e medrar no interior?

Imos comprobalo. Lemos con atención  as instruccións e, cada equipo, planta as súas sementes e vexamos o que pasa...

Se armó la de San Quintín.

Seguro que máis dunha vez escoitáchedes esta frase... sobre todo cando se arma unha boa!!

Tócavos agora investigar de onde ven este dito... Unha pista:

As tropas francesas e epañolas tiveron moito que dicir nunha batalla  chamada precisamente: A batalla de San Quintín.

A vosa misión é clara: Deberedes investigar para dar resposta as seguintes preguntas, e con toda a información elaborar unha presentación.

Boa sorte e... non formedes a do título..

Non esquezades que coma sempre, na sección de recursos tedes axuda para completar a misión.

E no enlace que segue a esta entrada podedes descagar a ficha que precisades para recoller información.

 

Desastre da Armada invencible:

-Mandei loitar contra os homes e non contra os elementos-declarou Felipe II.

 

 

 

 

Imos xogar a imaxinar... imaxina que eres xornalista na idade Moderna e tes que redactar a noticia da derrota da Armada Invencible no ano 1588.Non esquezas que a noticia ten que dar resposta a: Quen?, que?, cando?, como?,  donde? e por qué?

Boa sorte xornalista!!

Non esquezas pasar polo apartado de recursos onde atoparás axuda para resolver a tarefa.

Coñecemos mellor ao gran artista do Renacemento 

Unha festa que fai historia.

Espiñeiriña preséntanos unha nova tarefa, deberemos axudar á preparación da festa da historia; a nosa misión será recoller información sobre os distintos talleres para facer o programa horario da festa: "O programa".

Cada grupo deberá descargar a súa ficha de recollida de datos.

Con todos os resultados faremos o programa da festa da historia. Boa sorte investigadores!!

bottom of page