top of page

SOMOS OS NEN@S DE INFANTIL

 

Este curso diriximos o noso Proxecto de Investigación cara a"PREHISTORIA" Unha viaxe de millóns e millóns de anos ao pasado na búsqueda de respostas, aventuras e descubrimentos do máis interesantes!

 

Organizamos así, o noso peculiar "Equipo de Investigación" con moitos interrogantes e moitas ganas de documentarnos, investigar e experimentar!!

DOCUMENTÁMONOS  

Realizamos un gran traballo de documentación a través dos libros que aportástedes as familias, os facilitados pola biblioteca escolar e mediante a información recollida en Internet. 

INVESTIGAMOS  

COMUNICAMOS

OS  DESCUBRIMENTOS  

SON O 1º HOMÍNIDO!!!

Mediante a nosa investigación descubrimos que a PREHISTORIA comezou fai 4.000.000 de anos coa aparición do primeiro homínido e xa se extinguiran os dinosaurios.

 

 

 

EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS

Investigamos as principais especies que habitaron a Terra:

 

 

 

Estamos a familiarizarnos co uso de mapas e estamos elaborando ún ben grande para poder situar nel o lugar onde viviron estas especies

ANIMAIS DA PREHISTORIA

Planificamos a caza do mamut, traballando todos xuntos por equipos. 

TRABALLO

COOPERATIVO

Primeiro repartimos as tarefas e despois plantexamos as nosas ideas para levar a cabo unha boa estratexia

E unha vez que chegamos todos a un acordo e debuxamos o noso plan, explicamos ao resto dos compañeiros e compañeiras a nosa idea para cazar ao mamut

Primeira estratexia

Segunda estratexia

Terceira estratexia

Cuarta estratexia

Como todas nos pareceron moi boas ideas, escollemos o mellor de cada unha, para así facer un plan de ataque definitivo!

Próximamente veremos cómo foi finalmente a caza do mamut...

...A CAZA FOI TODO UN ÉXITO!!!!!

 

 

DESCUBRIMENTO

DO

LUME

Cómo farían os cavernícolas para obter o lume?

 

EXPERIMENTAMOS

  • Para que serven estes útiles? FACEMOS HIPÓTESES

 

E ao final descubrimos que todos eles serven...

PARA FACER LUME!

 

  • Que pinturas utilizaban na prehistoria?

 

En pequenos grupos, manipulamos, mesturamos e experimentamos con diferentes elementos que podemos atopar na natureza: pigmentos de óxido de ferro, barro, terra, cantos de pedra, paus, flores (azafrán),..."Pintarán ou non?"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Só había unha maneira de averigualo....

 

Unha vez que descubrimos de onde obtiñan as cores; investigamos un pouco máis sobre os "UTENSILIOS" que utilizaban para pintar: mans, pinceis feitos con cabelo de animais, paus queimados, canas e ósos ocos,... e puxemos en práctica algunhas "TÉCNICAS" plásticas...

UNTADO

ESTAMPADO (mans en positivo)

A ARTE RUPESTRE CHEGA Á NOSA COVA

TÉCNICA  DO  SOPLADO        (mans en negativo)

un  conto

prehistórico

 

Os clans Pin e SuperZ  creamos un conto ambientado na Prehistoria e nas posibles aventuras, que ben poderiamos vivir nesa época que tanto nos gusta. Con moita ilusión e, sobre todo, imaxinación elaboramos 3 percorridos e finais distintos.

 

Para descubrilos deberedes facer click nas frechas e comezar a AVENTURA!!!

INVESTIGAMOS SOBRE OS MONUMENTOS MEGALÍTICOS

 

E FABRICAMOS OLAS DE BARRO

DESCUBRIMOS A RODA!

 

FESTA DA HISTORIA 

Como broche final para o gran proxecto "Unha viaxe polo tempo" e, no noso caso, o proxecto da Prehistoria, celebramos esta gran festa na que os nenos e nenas de infantil elaboramos os números dos postos e organizamos a temática e materiais para o noso obradoiro: "A arte rupestre". Todo un éxito!!!

bottom of page